WyAtT´s_Web

Wednesday, April 13, 2005

Nuevo relato: todavia en proceso

Todo comezou tres días atrás, estabamos cenando na casa de Xandro cando Xoaquín sacou o tema. Parecía telo pensado dende facía xa tempo, falaba moi deprisa e excitado, pro tratou de expoñelo como se o acabara de pensar. Nun principio parecía coma unha broma, máis a medida que comezamos a falar sobre o tema, naceu en todos nos, en especial no Xoaquín, unhas tremendas ganas de levalo a acción.

Despois de cear, continuamos falando durante dúas horas máis, e finalmente as cousas quedaran ben planeadas. Dariámolo palo o Martes, sobre as dúas da mañá, decidiramos como obxectivo a gasolineira que quedaba na carreteira xeneral en dirección a Gondomar. Todos sabíamos que aquela gasolineira quedaba sempre aberta ata altas horas da madrugada, a cargo de un so home durante toda a noite.

Cada un de nos tiña unha función ata o Martes, Xoaquín poría o coche, sacara o carne facía xa cousa dun ano. O Peixe dixera que conseguiría un par de pipas, ninguén sabía nin onde, nin cando, nin de quen, pero el aseguraba que podía facelo. Ó Vilas e eu seríamos os que entrariamos en acción chegado o momento. Naquel momento aínda non tiñamos moi claro como o faríamos, máis quedábanos tres días para decidilo. Xandro estaría alí tamén, no seu coche, pasaría uns minutos antes que nos pola gasolineira para distraer ó pobre home que estivese de turno aquela noite, e asegurarnos o terreo.

Buscabamos o diñeiro fácil, polo menos a maioría de nos, pero eu dubidaba se Xoaquín e Xandro buscaban iso, porque nunca faltara diñeiro nos seus petos, aínda que tampouco nos nosos, pero a codicia chamábanos. Algo máis buscaba Xoaquín, non entendía o que, pero algo máis buscaba. A súa mirada mostraba unha gran excitación, tal vez quería demostrarse algo a si mesmo, ou a todos nós, que sabe.

Cando xa estabamos rematando de falar sobre o asunto, apareceu o pai do Xandro pola porta da habitación na que discutiamos.

- “A saber que estades tramando aí, eh rapaces....

De súpeto todos calamos, o pai do Xandro sorría mirando para nos, seguimos lle o xogo e sorrimos con el, a desapareceu por onde viñera.

Non nós quedaba nada por discutir aquela noite e cada un marchou polo seu camiño, eu marchei co Vilas e máis o Peixe. Xandro tiña a súa casa en Samil; camiñamos dende a súa casa ata a parada do bus e collemos o nocturno en dirección o centro. Montamos no bus e sentamos xuntos, cando pasamos por Coia o Peixe despediuse e baixou, Vilas e eu continuamos ata a praza de América. O chegar baixamos e metímonos pola Florida, ata chegar o Ruada, un bareto no que soíamos parar. Entramos e pedimos unhas cañas, o Vilas acendeu un pitillo.

Xa sentados nunha mesiña comezamos a falar.

-“¿Cres que pagara a pena dar o palo?”- comezou o Vilas – “Non creo que saquemos moita pasta...
-“Non sei, pero o Xoaquín estaba moi convencido, agora non nos podemos votar atrás...

0 Comments:

Post a Comment

<< Home